Erabiltzailearen balorazioa: 5 / 5

Star ActiveStar ActiveStar ActiveStar ActiveStar Active
 
E ASÍ MESMO
rosalia    
 pdfRosalía en Camiño    
euskaraz1    

Tradución: Isaac Xubin

E así mesmo, do mesmo xeito, deamos por feito
que non sentes a necesidade de preguntar canto é 2+2
ou de falar da capital de Francia.

Non o dis, e non porque non o saibas
senón porque o sabes.

E así mesmo, non parecería axeitado
se me preguntas a que chamo eu allo porros con patacas,
daría a impresión de que prefires non falar a dicir algo,
como se preferises ser doutro lugar
ou liscar a algures.

E así mesmo, tampouco eu sinto
a necesidade de dicir, e menos de responder,
sobre quen son, quen es ti, ou sobre que outra es,
como se en todos puidese ser eu
ou como se eu non puidese, neste todo canto poida ser,
soa.
 

 

 

Tere Irastortza

Mesedez! Webgune honek cookieak eta antzeko teknologiak erabiltzen. Informazio gehiago