Erabiltzailearen balorazioa: 5 / 5

Star ActiveStar ActiveStar ActiveStar ActiveStar Active
 
E agora xa o sei escribimos sobre a felicidade
rosalia    
 pdfRosalía en Camiño    
euskaraz1    

Tradución: Isaac Xubin

unha vez que sabemos dela,
e sei o que suman 2+2,
e sei o diferente que é lavar o cabelo debaixo da billa
co pelo longo e co pelo curto,
ou co pelo mollado,
ou desfacendo os nós mentres o aclaras,
ou na perruquería con medo a torcer o pescozo,
ou lavalo coa cabeza cara abaixo
e chorar ás agochadas
ou coa inocencia dos acabados de nacer.

E agora,
malia que saiba dalgún xeito o que suman 2+2,
a pesar de todo, agora xa o sei, seino ben,
que entre nós as dúas calquera cousa que escribimos, escribimos,
porque sabemos da felicidade escribimos
e escribimos a felicidade.

 

 

Tere Irastortza

Mesedez! Webgune honek cookieak eta antzeko teknologiak erabiltzen. Informazio gehiago