Do camiño
Rosalía en Camiño | ||
Tradución: Isaac Xubin
Do camiño
Sobre os camiños só podo dicir isto: camiñar cansa,
pero só camiñar pode conducirnos a outro lugar.
E ademais outra cousa: que nos sentimos estranxeiras
nos camiños descoñecidos.
E por iso estas glosas:
no colo dunha árbore inclinada,
unha pedra redonda,
e ao acocho da pedra con carriza,
e ao acocho da pedra con carriza,
unha galla retorta.
Deixar rastros no camiño é como non odiar o regreso.
Deixar rastros no camiño é como non odiar o regreso.
Os antigos camiños de pastores e portadores
non nos conducen xa a ningures se non é
ao principio das cousas, palabra a palabra,
se non é a nós mesmos.
No colo dunha árbore inclinada,
non nos conducen xa a ningures se non é
ao principio das cousas, palabra a palabra,
se non é a nós mesmos.
No colo dunha árbore inclinada,
unha pedra redonda,
e ao acocho da pedra con carriza,
e ao acocho da pedra con carriza,
unha galla retorta.
E finalmente:
a quen camiña tras a súa sombra parécelle preceder ao camiño.
Cando a sombra o persegue, que o camiño o conduce.
Tere Irastortza