Erabiltzailearen balorazioa: 5 / 5

Star ActiveStar ActiveStar ActiveStar ActiveStar Active
 
Unha nai que treme: á Casa de Rosalía
rosalia    
 pdfRosalía en Camiño    
euskaraz1    

Tradución: Isaac Xubin

Ao interior: instrucións

En todo está e ti es todo,
pra min i en min mesma moras;
nin me abandonarás nunca,
sombra que sempre me asombras

Negra sombra. Rosalía de Castro.

Colle a cuncha e terma dela nas mans;
pecha os ollos durante os primeiros intres,
mirando o mar por baixo das pálpebras;
por fóra ten unha feitura áspera
para defenderse dos ataques;
por dentro é suave, sen arestas,
para que así o sinta aquel que entre.

Colle a cuncha, aloumíñaa,
xa sabe ben o que é perder
todo aquilo que teña dentro
e que, unha vez baleira,
non importe a quebra.

Terma desa cuncha entre as dúas mans
preto do corpo;
cando lle fagas caricias esquecerás
que é ela quen acariña
o teu baleiro,
e que precisa dunha cuncha recia
a buguina.

 

As traducións dos poemas
de Teresa Irastortza son
obra de Isaac Xubín

Tere Irastortza