Erabiltzailearen balorazioa: 5 / 5

Star ActiveStar ActiveStar ActiveStar ActiveStar Active
 
Apuntamentos escolares: Orientacións e fallas de rota da 
traducción vasca
   
pdf    
euskaraz1    
catala1    

Apuntamentos escolares: Orientacións e fallas de rota da traducción vasca  A comunicación precisa sempre dun RECEPTOR e un EMISOR, xunta con unha mensaxe. Así se nos ensinou, dende fai moito. Sabemos, por outra banda, que o devandito esquema presenta moitas variabeis: ás veces, a imposibilidade de desentrañar e comprende-la menxase convírtse ela mesma en mensaxe e outras veces, o emisor e a mensaxe esixen a anulación do receptor. Sabemos tamén que, partindo do mesmo esquema, pódese entender a análise dos xéneros literarios, distinguindo a épica, a lírica e a dramática. Pero logo, ise esquema adquire unha estructura concreta e atopámolo acomodado á cada sociedade. A historia do que estamos afeitos a chamar literatura vasca- terédelo ben dixerido- é, en grande parte, a historia dos traductores vascos. Hai libros que foron traducidos unha e outra vez, e para comprender as traxectorias da traducción é importante iste dato.

SOBRE O DESBOTAMENTO DO RECEPTOR E A TRANSCENDENCIA DA MENSAXE

En boa medida, a historia da literatura e, quizabes, a de tódolos traductores ten que ver co menosprezo para consigo mesmo e para co receptor. Isto é, o que a historia da literatura vasca sexa de divulgación relixiosa relaciónase co feito de que a realidade cotián sexa invisible ou indicible. Quérese dicir con isto que, si atendemos á temática do que admitimos por literatura vasca, escasamente atoparemos nela vencellos co xeito de vida dunha época. Antes ben, os pasaxes que dan nova (modestamente) da vida cotián dos vascos, preséntanse, a miúdo, inseridos en textos escritos en contra dos vascos. un dos exemplos máis nidios diso son as verbas de Aymeric Picaud. Moitos estudiantes de filoloxía estudiamos con grandal querencia o diccionario recolleito por el, pero, ó ver o texto no que se insería, a consideración que sentíamos a respecto de Picaud, trocábase en medo, coma o que sentiríamos si De Lancre houbese copiado as confesións en éuscaro dos torturados. Tamén tivemos, por suposto, investigadores vascos que falaron sobre Euskal Herría (Oihenart, Larramendi....) pero Euskal Herría non foi sempre interesante para os forasteiros, e, como agora, os nosos perquiridores verteron as súas reflexións no tocante a Euskal Herria noutras linguas alleas ó éuscaro. Verdade é que a preceptiva acomete con máis  forza ó xeito de ollar a realidade, e que falar da vida cotián, en boa medida, era falar de vulgaridades. É por iso que houbo dous puntos de vista ó falar dos pobos vascos, por unha banda, o cómico, e pola outra, o educador. Adoito, tívose niticia de Euskal Herría a través dunha perspectiva pándega, como acontecía en moitos outros lugares (¿que eran, si non, as obras de Rabelais, ous as comedias italianas do século XV?). E por forza debía ser graciosa a presentación dun pobo que carecente de heroes que ofrezan unha perspectiva excelsa.

A devandita comicidade foi, ó mesmo tempo, unha distancia que tomaba o escritor a respecto do seu contorno. Coma si os que eran quen de escribir, dalgún xeito, se houbesen enforzado por distinguirse da xente do común. Outras veces, a defensa dos nados nun pobo pagán e indómito consistiu en abrir sendeiros de catequización para levar ó bon camiño ó dito pobo, e, nistes casos, os escritores vascos acudiron á traducción como algo enteiramente necesario.

Pero tanto nun caso como no outro, esa distancia xurde da falla de identifición. En ocasións, o escritor non pode identificarse cos que, lóxicamente, deberían se-los receptores, os seus concidadáns, porque estes son MONOLINGÜES, e no seu monolingüísmo, iletrados. Polo tanto, como os seus coterráneos non van a ler a creación do escritor, este muda de lingua e convírteos en tema. Noutro caso, ó tratarse de persoas a educar e cativar para o bon camiño, compararon ós concidadán cos modelos fixados pola relixión, e, abofé, case sempre amosaron unha figura ben tristeira.

E nesta situación ¿cal e a función da traducción? Nalguns casos, para poder educar ó concidadán , a mensaxe debe transceder ó emisor e tamén ó receptor. A ligazón está na transcendencia. É o que acontece nas traduccións dos textos relixiosos. Xeralmente, é unha mensaxe concreta, na crenza de que posibilitar no ámbito unha mensaxe espallada polo mundo, soergue, ennobrece a patria. Pero pode darse tamén outra coxuntura, abondo estendida no noso tempo, que é que o receptor se convirta en emisor. E que acontece tamén, pola imposibilidade de identificarse co concidadán.

CANDO O EMISOR é TAMEN RECEPTOR

Trasladámonos á literatura que empezou a facerse nos anos 60. Refirámonos ó grupo Krisellu e á banda Pott. Nestes, o esquema emisor-mensaxe-receptor ó revés, é dicir, a opción de que o receptor se trocase en emisor, foi, en parte, botarse ó abismo por desespero. Pode dicirse que o receptor estaba esperando que é o que lle ofrecía o emisor, e ó non agradarlle o ofrecido, pasou a ser o emisor. Por primeira vez, 3 había unha masa crítica que reivindicaba a súa euskaldunidade, e que, ó mesmo tempo, avergonzábase da mensaxe exposto polo emisor. Non foi, soamente, una ruptura xeracional, aínda que, esta vez, a distancia fose producto da amentada cantidade de receptores.

Coa dita ruptura, en boa medida, os receptores pasaron a ser emisores, mais, anque trocaron a mensaxe, non puideron atinxir novos receptores tan axiña como quixeran. Xa convertidos en emisores, víronse na obriga de escribir coma para si mesmos, e polo tanto, durante un tempo, o esquema da literatura non cambiou demasiado. Pero os ditos emisores, aínda, mantiñan unha forte conciencia de receptores, e precisaban, para a súa propia afirmación, outros emisores que estivesen por enriba deles. Foi, daquela, cando xurdiu o devezo de achegarse á literatura mundial, con moita máis forza que no resto dos pobos do contorno.

É así como empezou o esforzo pola modernización da literatura vasca. O escrito en éuscaro precisaba un novo espacio: o urbano. Na cultura modernizada, o éuscaro precisaba outros referentes euscalduns. Outro tanto do mesmo debeu acontecer na arte, onde o realismo non tiña ningunha gorentía vasca e resultaba dabondo country. Entón aconteceu ( e de maneira ben determinante) a cuestión do éuscaro batua (unificado), ó que os opositores estimaban sen referentes , e que, por eso mesmo, resultou axeitado para un mundo urbano. Daquela, só diante o vaciamento da realidade redundou imprimible a alma vasca. A alma vasca, sen referentes, evolucionou en alma da pregunta, do cuestionador.

Tere Irastortza

Mesedez! Webgune honek cookieak eta antzeko teknologiak erabiltzen. Informazio gehiago