Erabiltzailearen balorazioa: 5 / 5

Star ActiveStar ActiveStar ActiveStar ActiveStar Active
 
Escribir
rosalia    
 pdfRosalía en Camiño    
euskaraz1    
catala1    

Tradución: Isaac Xubin

Escribir desfecha un espazo entro o pensado e o indicible
-xa que logo-:
quizais un terceiro espazo,
ese terceiro espazo que seica ocupaba o sodio
e que, polo que comentaba o doutor, existiría
porque algunhas medicinas non chegan alí onde é preciso,
e de non existir,

e de non existir
resultaría tamén abondo
para intencións e desexos, para a vontade e a esperanza,

e ao que mesmo sen existir

pódese acceder agora
co pensamento e mais a escritura,
o terceiro espazo do corpo
que absorbe e distribúe o sodio,

malia que resulte incrible.
 
 
 

 

 

 

Tere Irastortza

Mesedez! Webgune honek cookieak eta antzeko teknologiak erabiltzen. Informazio gehiago